viernes, 21 de junio de 2013

Consellos para o verán

Rematamos o curso e espérannos unhas longas e merecidas vacacións. Agora podemos descansar e gozar coa piscina, a praia, a familia os amigos,... Non obstante, aínda que gañamos este merecido descanso, o día é moi longo e podemos aproveitar para repasar un pouco todos os días. co fin de non esquecer o que con tanto esforzo aprendemos ao longo do curso. Estas actividades son especialmente recomendables para aqueles que tivestes algunha dificultade durante o curso.
Abaixo tedes diferentes páxinas con actividades de repaso do curso.

 RECORDA:

. Programa ben o teu tempo e procura facer todos os días algunhas actividades de cada área. Que non che falten todos os día
s un par de problemas e unha lectura preferiblemente en galego.

. Intenta facer as actividades á mesma hora e no mesmo lugar.

. Amósalle a alguén o traballo realizado e pídelle que cho corrixan, non deixes que se amontoen exercicios sen corrixir.

. Non fagas soamente as actividades máis doadas e que máis te gusten, intenta facelas todas, deste xeito conseguirás ter máis "frescos" todos os conceptos aprendidos durante o curso.

Feliz verán!!!!!!!

lunes, 3 de junio de 2013

Máis cumpres!

O día 1 de xuño cumpriron anos Inés e Jacobo.
Trouxeron comida, rica comida!
Inés trouxo unha rica bica caseira e Jacobo un exquisito biscoito de chocolate recuberto de noces picadas que parecía derreterse na boca. É dicir, unha auténtica delicia.

miércoles, 8 de mayo de 2013

Hoxe cumprimos visitas! Temos "un ano de visitas."

Hoxe é o cumpreanos Rafa, pero non é o único, nós (en xeral) "cumprimos visitas!"
Cumprimos xusto ás 12:45:35 ao chegar ás 365 visitas!
E tamén bisiestos! Xusto ás 12:59:30.

Hoxe Rafa cumpre anos!

Este curso está sendo, gastronómicamente falando, xenial.
E todo isto grazas aos cumpreanos!
Hoxe Rafa cumpre anos e troxo un delicioso biscoito caseiro feito por el e a súa nai.
Colgaremos a receita se a conseguimos!


martes, 2 de abril de 2013

Iago e o misterio dos ovos de pascua

Viaxe a Suiza en Semana Santa...    O noso amigo no centro de Europa..., pero que fai un neno na "Terra dos bancos"?
Comprar "un souvenir" pra nós!


Hoxe María López cumpre anos!

Hoxe María cumpre anos e trouxo un exquisito biscoito multicolor.



martes, 19 de febrero de 2013







Hoxe é o aniversario de Iria

  Hoxe, Iria, cumpre anos e, trouxo unha tarta exquisita.
A ver se trae a receita.
Aiquí os deixamos

Entroido!!

O pasamos xenial no entroido, e aínda mais coas máscaras!!

 

Ñam!!

No entroido, Lucía, unha compañeira, trouxo unhas magdalenas, mmm... ¡¡deliciosas!!

                                             
                                                       E Enrique, trouxo galletas!!

martes, 5 de febrero de 2013

NOVAS

Estivemos moi ocupados con traballos extra: a celebración do DÏA DA PAZ, as relacións co Sr. ALCALDE  (que aínda nos debe un chocolate) e agora co ENTROIDO.






 .












 Nin temos tempo de vestrirnos e temos que vir en pixama á escola


        

TEMOS MÁIS PROBAS DO NOSO TRABALLO NO BLOGUE LA BIBLIOTECA