viernes, 21 de junio de 2013

Consellos para o verán

Rematamos o curso e espérannos unhas longas e merecidas vacacións. Agora podemos descansar e gozar coa piscina, a praia, a familia os amigos,... Non obstante, aínda que gañamos este merecido descanso, o día é moi longo e podemos aproveitar para repasar un pouco todos os días. co fin de non esquecer o que con tanto esforzo aprendemos ao longo do curso. Estas actividades son especialmente recomendables para aqueles que tivestes algunha dificultade durante o curso.
Abaixo tedes diferentes páxinas con actividades de repaso do curso.

 RECORDA:

. Programa ben o teu tempo e procura facer todos os días algunhas actividades de cada área. Que non che falten todos os día
s un par de problemas e unha lectura preferiblemente en galego.

. Intenta facer as actividades á mesma hora e no mesmo lugar.

. Amósalle a alguén o traballo realizado e pídelle que cho corrixan, non deixes que se amontoen exercicios sen corrixir.

. Non fagas soamente as actividades máis doadas e que máis te gusten, intenta facelas todas, deste xeito conseguirás ter máis "frescos" todos os conceptos aprendidos durante o curso.

Feliz verán!!!!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario