Marcos e a súa familia fixeron un biscoito de cabaza. Saíulles exquisito e quixeron que o probasemos.
Xa lle pedimos a receita e mañá colgarémola aquí.
Biscoito de cabaza
Usamos como medida un vaso de iogur:
-1/2 vaso de puré de cabaza
-1/2 vaso de aceite de xirasol
-3 ovos
-2 iogures sabor limón
-2 vasos de azucre
-3 vasos de fariña
-1 sobre de levadura
Cocer a cabaza e facer o puré.
Mesturamos todo e batémolo ben. Untamos e enfariñamos un molde e vertémos a mestura dentro. Metémolo no forno, prequentado a uns 180º durante 15 min. e logo 160º outros 15 ou 20 min. Sacámolo do forno e deixámolo arrefriar.
BO PROVEITO!
Estaba riquísimo.:)
ResponderEliminar