lunes, 8 de octubre de 2012

 ATOPEI UNHA   CASA   ENCANTADA
 Cando entrei eu alucinei, estaba feita toda a casa de gominolas, todo tipo de lambetadas e todo tipo de xelados…etc.  Estábase xenial.
O que  facía a esa casa  especial era que tiña todo aquilo que ti poideras desexar. Ata podias coñecer ao teu cantante favorit@,  había uns trasnos que che daban masaxes nos pés, unha fada que che daba todo tipo de roupa e un príncipe guapísimo que era o teu servente, xenial eeeeh.
Todos os mobles estaban feitos de nubes e, se pola noite che entraba fame,  podias comer un anaco da cama.
Pero o malo era que só podias estar tres días alí, despois tiñas que ir para a túa casa.
Pero eses tres días foron inolvidables. Queres saber onde está? Pois busca nos libros....

No hay comentarios:

Publicar un comentario